CELOFÁN E TRISTURAS
Levo a tristura pegada no peito co lotite,alumeada polas luces do Nadal
que fan un streep tees coas ausencias
que agroman penduradas das árbores.
Levo unha tristura que inviste en silencios,
os teus,os meus,os deles,
agochada no sorriso dunha bufanda
que pinta un ollar na caluga do condeado.
Levo a tristura coa voz tomada,
esquecida na cola do cine,
borracha na cea familiar,
cínica tras unha postal,
que porta unha granada de man
ateigada de desexos baldeiros.






