VISADOS e FÓRMULAS
As testemuñas de Xehová deixan por debaixo da porta instruccións de cómo afrontar a fin deste mundo mentres os varudos do metal toman Compostela cun camiñar de ferro.
A cidade bota o día a espreita dun corpo canso con poucas horas de sono, dous fracasos mais pra engrosar este vitae con pedigree e varias copas no debe que fai unhas horas non sobraban.
As testemuñas de Xehová teñen a solución e un reservado na salvación mais seguro que non entenden , as soidades con bicos do meu irmán Quique, as piscinas comunitarias, o insomnio maratón da veciña, este mono embargado co teu corpo, as dietas do corazón, as piscinas privadas, as treboadas que veñen despois da calor, os contaquilómetros da vida trucados e os garitos onde rematan sempre, os que buscamos como Lawrence, a absolución.

5 Comments:
"As dietas do corazón"... cómo molas.
Beso.
pues a mí me gusta más:
"este mono embargado co teu corpo"
estes de Xehová non teñen nin idea e Lawrence era un sabio.
bonita foto
b.i.c.o.
Ego te absolvo, pois.
Moito obrigado,estre salvacións frases,fotos e votos arábicos.Bicos e apertas
Enviar um comentário
<< Home