8 de Novembro de 2009

7 SEGUNDOS



Dame un termómetro pra subir a febre, un banco de portas abertas, unha novela que renegue do escritor e un pan de broa con vocación de centola. A cidade esperta de Domingo buscando alento debaixo das pedras, reseteando ausencias, medindo infinitos e agochando derrotas. A paixón regálase cun Dominical pra mollar no café que quere ser licor e dous bombeiros xogan cun misto, agochando as luces de neón no seu camión.
Podo repetir a canción vinte veces ata chuchala coa tinta do papel, podo instalarte na amnesia dun sorriso, podo vestirme de revolución, bicarte como a primeira vez e sacarche un sol debaixo da saia.
Dame un teléfono pra non escoitarte, un xuiz pra cometer un atraco, unha herdanza pra ser libre e unha habitación con vistas pra taparme os ollos e asi por fin, poder mirarte, durante 7 segundos.

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Señor Torreira,hagaselo mirar porque cada vez ESCRIBE UD MEJOR!...sencillamente hermoso y bien construido.Felicidades.

3:06 PM  
Blogger Ra said...

¿Estás que te sales?

Sí, estás que te sales. Te lo dice todo el mundo :D

Mua.

3:26 PM  
Blogger Bolboreteira said...

Moito ben e moito bo.Cada día gustame máis o que escribes......
un abarzo

1:49 PM  
Anonymous Zeltia said...

vaia, despois disto aprenderei eu a utilizar un oxímoron?
me parece que non, pero é agradable ler o que escribes.

8:57 PM  
Blogger Nébeda said...

Adoro a Torreira. You know.

7:01 AM  
Blogger Torreira said...

Donas , anónimos e cabaleiros ausentes...con ánimos así,un non pode deixar de pintar coa tinta estas lerias de cando en vez.Bicos JRANDES.

2:09 PM  

Enviar um comentário

<< Home