21 de Agosto de 2011

TODO A CEN


Hoxe merquei un latexar hipotecado por 100 bath en Khaosan Road, nun roubo programado baixo o fitar negociado de Bibi Esmeralda. A cidade empresta pasaportes adulterados a ningures, amores de contrabando, versos mollados en opio para os que viven perdidos e unha bala agochada, na guerra da pel.