30 de Agosto de 2011

VOLTAR (a un mesmo)

Definitivamente. Un cando viaxa non fuxe de si mesmo. Faino, as veces, para atopar respostas. Nesta viaxe conquerín unhas cantas. Non gosto de ningunha delas. Aínda así, debo retornar. Un é de onde é de xeito innegociable. Un non pode estar facendo preguntas para quedar lonxe acubillado con elas. A miña derrota, para ben ou para mal, está en Compostela, esa cidade que corre o risco de voltarse triste e gris Conde Roa mediante.
Gasto os derradeiros días mirando as cores agochadas no mar e percorrendo en moto este fermoso lugar. Busco lugares exclusivos nunha illa exclusiva. Un canto máis ten máis quere, ou sempre queremos o que non temos.
Bibi Esmeralda durme nunha cabana preto da praia de Sai Ree metabolizando as noites de lume, xaropes velenosos e música. Non sabe se quere coñecer Galiza. Di que sempre se me pon a melancolía no ollar cando falo dela.
O meu lar queda a un barco e tres avións de distancia ou a 36 horas se medimos en ferrados ou en metros. Nunca ninguén dixo, que voltar fora doado.

3 Comments:

Blogger Ra said...

Aún así, viaja quien sabe irse, dijo Pedro Sorela... y quien sabe volver, digo yo.

10:45 AM  
Blogger Ra said...

(Y qué bonito post, oiga)

10:46 AM  
Blogger Torreira said...

Moito obrigado dona...

3:43 PM  

Enviar um comentário

<< Home