29 de Setembro de 2011

PINTOR

Camiño cun NON pendurado dos petos do pantalón, 
preto do solpor onde as radios falan da apocalipse, primas de risco e débedas impúdicas.
Aínda así querida, teño unha consigna embargada para a túa revolución.
Achégate, non tardes, vouche a debuxar un graffiti nas costas.