VOLTAS (e revoltas)
Ando a medir a preguiza. Estou por untarme o corazón con Aloe Vera. Din, que é boa para as picaduras de insectos e para as queimaduras do sol.
A cuestión é poñerme algo nas gañas fuxidas, na deshidratación de erguer o telón, nos bicos enlatados e nos quilómetros anotados no debe.
Por resumir, que ando parvo.




3 Comments:
Seica o Aloe Vera tamén é bo para untar máis cousas, póñase algo, ou mellor que llo poñan.
Agarre o coche é á altura do quilómetro 48 en dirección norte, baixe e camiñe entre a brétema ata poder ver as luces xiratorias do faro ou caer derrotado pola noite nun cantil.
¿Sigue parvo, Pablito? :p
Toca espreguizarse e seguir coma sempre.Iso si, non enchoupes o teclado con aloe vera.
Ánimo !.
Enviar um comentário
<< Home