30 de Outubro de 2011

DESTERROS


Sempre andabas tres pasos por detrás da frase e cando chegabas a ela, non valía nin para un miserento verso. Vives instalado nos que andan a piques de gañar pintando derrotas, dicíndose elegantes, bicando pasados, perdendo. Deixabas anacos de pan de broa no camiño de volta a casa, insubmiso ao aburrimento do ben vivir e sabendo que os the end, as veces agochan un continuará. Por iso esta noite escribes, porque non tes outra cousa que facer, porque non queres facer outra cousa. A túa equipa tivo medo coma sempre, os garitos repiten guión e as lolitas alugan puchos de la para canear á outonía. 
Este Sábado, toca facer, renuncias ás amizades e ao seu corpo, que dimite pola cidade todos os fríos. 

2 Comments:

Anonymous llamaradas said...

xa vexo, querido amigo, que vas correndo a comprar os discos que hai que ir a comprar correndo. ¡qué caras más tristes¡
bicos serranos

8:23 PM  
Blogger Torreira said...

Somos do clube querido, das caras tristes ;-)

7:33 PM  

Enviar um comentário

<< Home