18 de Outubro de 2011

ENZIMAS (literarios)


TI escribes versos como se fosen epitafios
 nas tapas manchadas do iogur,
eu respiro mentres leo  e recito en alto,
calendario de balas nun atraco ,
osíxeno nas letras de aquel que ten algo que dicir.
Séntache ben a melancolía irmán,
como aquel pé que pisa o embrague 
con dúas copas de máis
ou aquelas xemelgas, 
que cociñaban ben pero bicaban pouco.

Os graffiteiros decláranlle a guerra a Banksy 
con ceras manley porque non saben,
 que as guerras pérdense en branco e negro
e que as derrotas,
pendúranse dunha restra de chourizos 
para comelas no San Martiño.

Hoxe, aínda así, non quero falar de Banksy,
 nin do san Martiño.
Pretendía dicirche, que gosto de verte subir,
 cando todos baixamos
 e que todas estas letras están provocadas polas túas,
 roupa interior de encaixe mediante.


4 Comments:

Anonymous llamaradas said...

gracias irmán

11:58 AM  
Anonymous llamaradas said...

ah, e non me resisto a preguntar. cal dos da foto son eu e cal es ti

4:40 PM  
Blogger Ra said...

Anotado.

1:20 PM  
Blogger Torreira said...

Para vos raiña llamaradas...anote ra, anote.Bico a ámbolos.

1:18 AM  

Enviar um comentário

<< Home