13 de Outubro de 2011

ESCOLA (de calor)


Miro pasar as horas medindo o tempo nunha cervexa 
e  a derrota no tamaño das túas pernas.
A cidade aprende a suar en outono,
as lolitas surfean as pedras da vella
e os garitos, déixanse terrazas longas,
saias curtas e gafas de sol.
Compostela vive de aluguer nun anticiclón
onde afogan os costumistas
culpables de melancolías, magostos,
cine e poesía.

3 Comments:

Blogger A quincalleira de Kabul said...

Espero que pouco lle quede a este tempo sostido non se sabe ben como...

Xa case apetecen unhas pingas.

2:53 PM  
Blogger paideleo said...

Gustoume este poema deste outonovranceiro que estamos a vivir.

11:40 PM  
Blogger Torreira said...

Grazas donas e cabaleiros por pasar as veces por aqui, aínda que faga frio.

1:17 AM  

Enviar um comentário

<< Home