4 de Outubro de 2011

TERMÓMETROS,FOLLAS E DELIRIOS


Miro ao lonxe, un amigo que dubida  de madrugada entre a nai ou a filla e as túas pegadas esquecendo, posdatas de pes descalzos nas escaleiras e tacóns na recámara dunha guerra a fondo perdido que acubilla mortes incivís nos nosos bicos.
Os Domingo querida, os Domingos baten os dentes da melancolía con xeo, Outubro arríncase a roupa querendo pasar por Agosto e a cidade despíntase a cara coa calor. A Martes nas mesmas querida, a Martes nas mesmas xa non sabemos nin onde ostias estamos.
Tamén temos medo, un medo  que vive de aluguer nos xornais, cortado cunha pinga de leite no café.
Hai días que desexo volver a ser outro enganado pola memoria.