DE MENOS
Ao ano, prodúcense 150 millóns de botellas no mundo de Jack Daniel´s pero na casa, non queda ningunha despois do incendio. Os Domingos teñen un aquel de pirómanos distímicos que agochan balas no cuarto dos convidados e restos de carmín, querendo ser graffitis nos muros do barrio. A tv está mollada polo orballo da mañá e os restos de alcohol da noite .Os cans, abdican de ladrar aos ladróns, que aínda non se deitaron e buscan, un texto que falaba de ti e non dicía nada novo.
Andamos, a menos de cinco centímetros de pel enviándonos cartas, sen acuse de recibo, mal medindo os tempos, as gañas, as derrotas, mal queréndonos dende unha habitación con vistas, ao servizo de urxencias.




0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home