DE CREBAS
Atracar un banco de néboa na autoestrada, camiño do reverso da túa saia, non deixa de ser, un deporte de risco incontrolado, a plusvalía que sempre hai na derrota. A cidade esperta aterecida entre as túas pernas mentres os escritores almorzan café, letras e resacas. Os Domingos son un fraude da vida moderna, a estación de servizo dun carro que vai a ningures, un catalogo de horas mortas e o día de traballo das beatas.
Quen dixo medo?, que hai despois da meta?, onde se agocha o bico pra parar?.
Quen dixo que a vertixe era un efecto do Everest?




1 Comments:
Torreira, a ver se me dis como encontrar a quen lle cantar "taberneros" de Nacho Vegas...
Enviar um comentário
<< Home