29 de Fevereiro de 2012

ENEMIGO ÁS PORTAS

Estou por facerme
un ERE de madrugada,
nas ganas,
na falta de sono,
neste non parar
para chegar a ningures.
Enviarche unha carta de amor
ten un aquel vintage
que mata os bicos
pegados con chicle no papel.
Somos unha bomba sen detonador,
verbas a fondo perdido,
un gol cantado a tombos
nun partido de veteranos.
Os gladiadores fan a manicura
coa espada das súas vítimas
mentres ti ,xogas a dispararme,
con pompas de xabón.
Isto xa non é guerra
nin mundial.

1 Comments:

Blogger Ra said...

Dice este cacharro de los comentarios que prove que não se trata de um robô. No va a poder ser :p




(Ps: guerra de trincheras)

5:34 PM  

Enviar um comentário

<< Home