24 de Fevereiro de 2012

PENSAMENTOS...INCONEXOS

1. Son unha casa vella de pedra agardando que a rehabiliten. Non empregues aínda así meu ben, ladrillo espido. Nas cousas dos corazóns que xogan a arquitectos, non todo vale.
2. A cidade dispara cuspe, linguas e cartas de desamor aos desertores do gris. Teño un exército de groupies agardando por conquistar os restos da pel que deixamos na contenda dos corpos.
3. Somos unha rúa de dirección única. Sempre que coincidimos, alguén ten que dar marcha atrás.
4. Pensei en darlle unha hostia, vomitarlle todo o meu desprezo, berrarlle ..."ES UN POETA METIDO A BURÓCRATA",  pero calei,  pedín un ging e pintei un verso nas túas costas.