5 de Fevereiro de 2012

STAND BY ME

Unha fuxida embargada debaixo do edredón, tres cadros pendurados do chan, unha resaca recuncada, catalogo de amnesias na sinatura da túa pel.
Ladran os cans á xente que gasta a tarde camiñando, a radio berra gol mentres apoio os pes no teito. Hoxe, hoxe teño o mundo do revés, dende un colchón refinanciado. Libros, este Domingo empachei cunha de libros e prebe, reciclando as lembranzas da noite, rehidratando corazóns cunha dieta de ging tonics.
Vivo instalado  nunha ausencia de sorrisos, facéndome o interesante, recollendo bicos, conducindo a ningures.