DÍAS E ARMAS
Aquel altar era un garito onde o barman daba hostias de garrafón e os noivos de madrugada, citábanse dúas copas despois, para un bico rápido.
Á cidade quedáballe grande o vestido de dous versos perdidos, as metáforas de cuspe e gañas, as soidades aceleradas, os silencios falados e os minutos gastados polos que sempre chegan a ningures.
Eran outros tempos, os días previos que mataban os Domingos con premeditación e aleivosía.




0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home